Quarta-feira, 21 de Maio de 2008

MAIO LONGO, MAIO LONGO

Pois iso; que de Maio lonxíncuo está o voso Falstaff, sen tempo para case nada, e sepultado baixo o peso familiar que todo abrangue e todo ocupa, coa súa irrefreável vis expansiva. Non puiden, así, asistir á leitura que de alguns retallos de "Limpeza de Sangue" o galardoado Ruibal e as súas hostes deron onte na Galeria Sargadelos da Coruña. Confio en que o de Oza (dos Rios) saiba desculpar,...

No entanto, a desvairada e caprichosa climatoloxia que me ten subindo e baixando roupa do rocho, como se tivese un deses obradoiros téxteis que traballan para o Império Arteixán na casa, fai dos meus pulmóns un pandeiro, confundindo a miña habeléncia indumentária. Como sei que sabedes da miña torpeza para tais mesteres, pois iso: Non sei que pór, e iso que me fornezo en tendas con tallaxe especial, como é lóxico ao meu delicado contorno, e porto carísimas e delicadísimas sedas.

Pois ben. Entre tanta viaxe escaleira arriba e abaixo (direi que non utilicei o elevador para rebaixar esas disque graxas que dificultan a miña entrada no traxe de baño), reflexionei sobre este mes, que despois de todo, está a dar algunha que outra razón para a alegria.

Así, Sperelli, que non cesa na sua vocación de "Hac Luce" , como se da Herculina Universidade se tratar, remesou un artigo da heroica Lacaniana da Ribeira Sacra, que, impenitente, prosegue o seu vieiro de dignidades hiperactivas no durísimo Via Crucis da sua profisión. No momento en que logre a súa autorización, hei reproducir aquí o seu texto. Unha visión do tratamento da Saúde Mental nos centros que fican á marxe da clínica visíbel, e un auténtico canto á esperanza. Para Ela, o meu recoñecimento e a miña admiración (para alén dun merecidísimo bicazo).

Por outra banda, e xa no ámbito do máis puro divertimento consciente, o ludo-reintegracionismo, que abandeirado polo infame Sanmartín (filho do Morraço, de onde se non?), abandóna-se á celebración do II Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata. Mellor será que non me deteña na explicación do fenómeno. Eu, de vós, visitaba o blog e gozava (dado que non vou poder visitar, fornecido coa miña toalha, o local da compostelana Gentalha do Pichel, onde terá lugar o feliz acontecemento). Sempre se dixera, en tempos (desde logo, nos do voso cronista) que "a letra con sangue entra". Pois ben, lonxe de tan tétrica máxima, esta greia de felicísimos lusistas-reintegratas saben como rir de si próprios reivindicando e mandándo-lle uns caldos e uns carinhos á sua causa, como as xentes de ben corresponde. Facer da toalla de Valença ou Vila Nova o tótem estético do "Orgulho", mesturado coa inspiradísima reivindicación de Eusébio supón de seu unha afortunada escolla. Para cando un "pique-nique" nos Cantóns? Iso sí que seria "moinhada".




2 comentários:

r.r. disse...

¡Excusas!

Sobre os asuntos normativos non debera opinar porque é que me dan mareos. O outro día oín que a normativa "oficial" é como un antivirus, que hai que actualizala a diario. Pero o curioso é que cos poucos que somos a falalo... ¡mira que lle damos vidaS!

Falstaff disse...

Vivimos nun tempo de caducidades, meu caro, e cando pensabamos que xa déramos apañado algo, ven o vento e lévanta-nos o castelo de area,...enfín, meu caro. Quizá unha estadia polos Brasilensis sexa o único remédio para os que decote habitamos baixo a chúvia.

Non me negará, de todos os xeitos, que os rapaces traballaron, e que xeito non lles falta!!!